Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

A inscrición para a ludoteca de Nadal de Verín abrirá o próximo luns

A actividade será no Pavillón de Deportes do 23 de decembro ata o 5 de xaneiro, de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas

O vindeiro luns abrirase o prazo de inscrición do servizo da ludoteca “Ludonadal” de Verín, iniciativa organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello. A “Ludonadal” está destinada e dirixida a nenos con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos e o seu obxectivo é facilitar a conciliación dos pais e nais, e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. 

Esta actividade será no Pavillón de Deportes dende o 23 de decembro ata o 5 de xaneiro, de luns a venres, en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas, mentres que os sábados ofrecerase o servizo de 10,00 a 14,00 horas. O prezo será de 50 euros polo servizo completo, mentres que con horario só de mañá ou de tarde o prezo será de 30 euros, así como de 10 euros por día completo e cinco euros por medio día. 

Os participantes na “Ludonadal” poderán desfrutar de variadas actividades como xornadas de inchables temáticos, obradoiros para a decoración de Nadal, xogos de busca do tesouro, talleres para amosar que “o esforzo -anotan dende a organización- ten recompensa”, contos de Nadal, educación pola igualdade, cotillón infantil, badaladas para despedir o 2022 e moitos outros talleres relacionados con esta época do ano. 

Os interesados en sumarse a este programa poderán facelo na Oficina de Información Xuvenil -na Casa da Xuventude- ou no teléfono 988 41 47 76.