Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Lembranza aos últimos fusilados do 1975 en Pereiró

REDACCIÓN

O acto tivo lugar en Pereiró, fronte a tumba de Humberto Baena.
photo_camera O acto tivo lugar en Pereiró, fronte a tumba de Humberto Baena.

A Asamblea Republicana de Vigo organizou onte a séptima homenaxe aos cinco último fusilados polo réxime franquista. Cando se cumpriron os  47 anos da execucións, seguen a reivindicar “memoria, xustiza e reparación”, ao tempo que esixen a “non impunidade dos crimes do franquismo”.

O acto tivo lugar en Pereiró, fronte a tumba de Xosé Humberto Baena, que con José Luis Sánchez Bravo, eran os dous vigueses que foron asasinados xunto a Ramón García Sanz, Ángel Otaegui e Juan Paredes (Txiki).

O acto contou coa presenza da irmá de Baena, Mariflor Baena, e coa sobriña de Sánchez Bravo, Eva Solla, coordinadora Nacional de Esqueda Unida.