Spain

O Festival de Teatro de Ribadavia convoca un concurso para adolescentes

A Mostra Internacional de Teatro, MIT de Ribadavia, pon en marcha un proxecto novo para público adolescente. Trátase do concurso "A miña primeira MIT", unha aposta clara por ampliar e contar co público como protagonista, especialmente coa creatividade e a participación dos de idade adolescente. O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da xuventude nos ámbitos cultural e periodístico, e tamén co obxecto de fomentar os valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio. 

Poderán participar todas as persoas que o desexen e acudan á MIT 2020 e teñan entre 15 e 18 anos. Estará dotado con un primeiro premio de 100 euros, unha estadía para catro persoas que consistirá nunha noite en réxime de aloxamento e almorzo, e acceso ó spa nun hotel de Galicia, e a publicación do artigo. O segundo premio será de 50 euros, un lote de produtos Coren valorado en 50 euros e publicación do artigo. Ademais, de un terceiro que consiste nun lote de produtos Coren e a publicación do artigo.

Os textos deberán expresar unha reflexión orixinal sobre algunha experiencia ou a recepción dalgún espectáculo ou varios espectáculos da MIT de Ribadavia, apoiado por unha imaxe. Deberán enviarse ata o 27 de xullo a [email protected] Os gañadores escolleranse entre unha persoa designada por La Región e unha persoa designada pola MIT. O acto de entrega terá lugar nas instalacións de La Región, medio no que se publicarán os textos gañadores.

Football news:

Müller llegó al 3º lugar por goles en los playoffs de la liga de Campeones. Más solo Messi y Ronaldo
Messi superó a Raúl y quedó en el 4º lugar en los partidos de la liga de Campeones
El Barcelona perdió 4 goles en la liga de Campeones por primera vez en la historia
En 2015, Gnabry fue dado de baja en el West Brom, y ahora es la superestrella del Bayern. Todo cambió un nuevo enfoque para el entrenamiento
Messi disputa su 23º partido en la final de la liga de Campeones. Este es el récord del torneo
Müller anotó 5 goles en 5 partidos de liga de Campeones
Müller disputa el partido número 113 de la liga de Campeones. Es un récord entre los alemanes