Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Unha comedia abre o telón do Teatro Amador

Este sábado, primeiro de outubro, arranca a XV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que organiza Tiruleque, Grupo de Teatro, co patrocinio e axuda da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.
Tódalas obras representaranse no Auditorio Manuel María da vila do Carballiño, ás 20,00 horas, e cun prezo de cinco euros por entrada, coa posibilidade de adquirir oito entradas polo custe de trinta euros.
Farandoleiras Carabaré, de Oleiros (A Coruña), é a compañía encargada de iniciar esta mostra con “Olimpo´s”, unha comedia que vai mostrar como viven e pensan as deusas e deuses nun Olimpo galeguizado e as determinacións que toman sobre os pobres mortais.

A Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” ofrecerá un total de sete espectáculos os días 1, 12, 15, 22, 29 e 30 de outubro, pechando o grupo organizador, Tiruleque, o 5 e 6 de novembro coa posta en escena de “Microtirulos”.

A próxima representación do 12 de outubro será “O Enredo” de A Tequerreté, todas elas no Auditorio Manuel María.