Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

A sementeira dunha sociedade sen machismo

A Deputación promove a Canteira da Igualdade, onde a mocidade viguesa formarase en conceptos de xénero

Comezou onte a Canteira de Igualdade, promovida pola Deputación. Priscila Retamozo, Luisa Abad, Chis Oliveira, Amada Traba, Silvia Pérez, Cristina Louzán, Mónica Baleirón e Lola Varela serán as responsables esta actividade cada sábado de 50 horas, 40 de formación presencial e 10 de traballo práctico orientado, coordinado e avaliado. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu na sede provincial en Vigo o tiro de saída á segunda edición de “Canteira de Igualdade”, a formación coa que nas próximas semanas una trintena de mozas e mozos do ensino secundario da provincia, o 82% mulleres e o 18% homes, aprenderán, avaliarán e reflectirán sobre conceptos de xénero, patriarcado, androcentrismo, sexismo, machismo, violencia ou linguaxe sexista, para converterse en axentes activos de igualdade e feminismo, crear canteira e impulsar o cambio, “a loita máis xusta e fermosa que existe para poder ser unha sociedade decente, inclusiva e máis feliz”, como sinalou a presidenta provincial.

Silva aplaudiu a iniciativa e ás súas autoras, as mulleres que van desenvolver a formación, “unha extraordinaria idea que é tamén un berro de sororidade da metade do mundo, un programa ben pensado e que xurde do feminismo, o proxecto filosófico más potente nunca creado porque pretende que toda a sociedade teña igualdade para que elas poidan construír a súa vida sen ten que rachar cun montón de dificultades para acadar aquelo que nos corresponde que é a metade de todo”. A presidenta agradeceu por elo ao profesorado a creación destes espazos interxeneracionais e “temos que facer un recoñecemento especial ao mundo da educación cun compromiso tan forte coa igualdade como o teñen ás mulleres que están aquí”.

Canteira de Igualdade complementa a formación que a Deputación desenvolveu en institutos de Baiona, Cangas, O Grove, As Neves, Redondela, Salvaterra e Vigo no último trimestre de 2022.n