Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Allariz anuncia cortes de tráfico no centro urbano

Dende este luns e ata o venres, a estrada de Xunqueira -a altura dos Salesianos e ata o cruce coa rúa Emilia Pardo Bazán- permanecerá pechada ao tráfico rodado por unhas obras. Así o anunciou o Concello de Allariz para que os veciños non se atopen con dificultades á hora de transitar pola zona. Iso si, os residentes poderán acceder a zona en obras.

“Os desvíos desta vía estarán debidamente sinalizados por a estrada de Santa Mariña, pola rúa Emilia Pardo Bazán e pola nacional N-525”, apuntan dende o ente municipal, co fin de facilitar o tráfico nas súas proximidades.

Para facilitar os accesos ao centro escolar, a recomendación do Concello de Allariz é que durante esa semana se deixe estacionado o vehículo no aparcamento do campo da Barreira para non colapsar a zona e así evitar altercados de tráfico e premiar a seguridade do peón. “O acceso a este estacionamento estará previsto polo camiño dos Caños, tanto de entrada como de saída”, remarcan.