Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Cortes de tráfico en Verín pola I carreira solidaria de Nadal

A Feira de Nadal quedou inaugurada este venres con 24 postos temáticos, animación musical e actividades para os cativos

A tradicional Feira de Nadal que organiza o Concello de Verín quedou inaugurada este venres baixo a chuvia. Os comerciantes que se sumaron a esta iniciativa -un total de 24 postos temáticos- confían en que a afluencia de veciños e visitantes sexa maior durante hoxe e mañá. Por diante quedan dous días cargados de actividade: animación musical, actividades infantís e a celebración da I carreira solidaria de Nadal, así como o sorteo dunha cesta.

Sobre o evento non deportivo nin competitivo, dende o Concello de Verín informan de que, baixo a dirección da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, haberá restricións e cortes de tráfico hoxe a partir das 16,00 horas . Esta marcha solidaria realizarase na Praza  García Barbón, Alameda, rúa Otero Pedrayo, estrada da Veiga ata o camiño das Meras, travesía da Veiga, rúas Viriato, Muralla, Amaro Refojo, da Cruz, Maior, Alameda e paseo do Támega. Estes espazos públicos estarán controlados durante o transcurso da I carreira solidaria para que non haxa problemas de circulación e para protexer a seguridade dos participantes no evento.

Máis alá desta cita, a Feira de Nadal manterase aberta, en horario de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas, ofertando variados produtos: alimentos, produtos ecolóxicos, decoración de Nadal, produtos artesanais e pezas artísticas.