Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Dez zonas comerciais, a polo mellor escaparate

Os comerciantes das zonas do Calvario, Príncipe, Navia, As Travesas, Vigo Vello, Zona Náutico, Teis, Pereiró, Xeral e Torrecedeira presentaron a campaña “Ilumina o teu escaparate”, que premiará a mellor decoración. Os interesados en participar poden candidatarse do 1 ao 20 de decembro enviando as fotos do escaparate a [email protected] ou ao 696016924. O vindeiro 8 de xaneiro o auditorio da Xunta acollerá a gran gala na que se darán a coñecer os gañadores. Sortearase unha fin de semana nunha casa rural e unha titoría dun profesional do escaparatismo. Ademais, haberá premios en metálico para o gañador (400 euros), o segundo clasificado (250 euros) e o terceiro (150 euros). O obxectivo é  activar o consumo nos pequenos establecementos no Nadal.