Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Galician Design Weekend converte a Vigo en capital do deseño

Galicia Design Weekend, que conta co apoio  de “O Teu Xacobeo” celebrarase en Vigo este sábado con  conferencias, exposición e obradoiros totalmente gratuítos. 

Noemí Díaz Patiño, fotógrafa e directora de arte viguesa afincada en Braga, onde traballa para a plataforma Farfetch; de RVR, estudio de arquitectura santiagués formado por Alberto Redondo, José Valladares e Marcial Rodríguez, autores da adecuación da contorna do faro de Fisterra ou o Museo do Pobo Galego. Tamén participarán a arquitecta viguesa María Fandiño; Raúl Bernárdez, de la galería Maraca e Álex Rico, da Axencia Folow.

Haberá exposicións e instalacións como “Error Design”, na Galería Maraca (o sábado 1 ao domingo 30 de outubro); “#novodeseñogalego”, co mellor talento emerxente galego sobre unha instalación do estudo de arquitectura galego Flu-or na rúa do Príncipe e “Arquitectura do Camiño”, do estudio Castroferro na sede do  Colexio de Arquitectos.

“Estamos ante unha iniciativa que chega por primeira vez en Vigo reunindo o mellor deseño galego con referentes de fóra, de forma que converterá á cidade na capital do deseño do noroeste peninsular cun festival gratuíto, híbrido e dentro do circuíto internacional de semanas do deseño”, sinalou a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, onte na presentación da primeira edición desta iniciativa viguesa.