Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

O comercio Xinzo sae á rúa e anima as vendas

Os establecementos decoráronse “dun xeito especial” e, mentres que algúns vendedores optaron por rebaixar produtos, outros adiantaron as novidades da próxima tempada

O comercio limiao, animado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes da Vila, Prolimia, sacou este luns "stock" e novidades á rúa co obxectivo de promover as vendas entre os compradores e activar a economía local. Os escaparates decoráronse con globos para atraer visitantes. Tamén houbo descontos e promocións. 

Baixo o título de “Comercio na rúa” e tal e como explicou a presidenta da agrupación comercial, Concepción Conde, os establecementos decoráronse “dun xeito especial” e, mentres que algúns vendedores optaron por rebaixar produtos, outros adiantaron as novidades da próxima tempada, precisou a responsable de Prolimia. A iniciativa “Comercio na Rúa” pretendeu, do mesmo xeito, incentivar as vendas antes do verán e tralas campañas de Semana Santa e do Día da Nai, mantendo o movemento comercial. 

Deste xeito, os veciños e visitantes que elixiron a vila para pasar estes días de descanso tiveron a oportunidade de mercar nos establecementos locais con ofertas especiais.