Spain

Drama absoluto en Meira

Día de tristura, de decepción, de moita carraxe. Resulta moi complicado expresar o sentimento da tripulación de Samertolameu de Meira, de directivos e do seu adestrador Dani Pérez. Por segundo ano consecutivo, "A Terca" quedou na terceira posición no 'play-off' da ACT, a un posto do ascenso. Para facer o drama de proporcións históricas, rematou con sete puntos, os mesmos que Astillero. Empate nas dúas xornadas, polo que era preciso acudir ó desempate mediante a suma de tempo das dúas regatas da fin de semana. Feitos os cálculos, o barco cántabro (41:47.88) foi 44 centésimas máis rápido que o moañés (41:48.32) en dúas regatas e case 42 minutos de competición. Unha delgada liña que separou a gloria da tristura, o durmir con felicidade a pasar uns días complicados repasando cada erro, cada ceavoga sen cinguir o máximo, cada pada pouco enterrada ou cada onda sen aproveitar. 
Onte en Portugalete, nunha xornada de calma, esperábase a reacción de Astillero, cuarta na previa en augas de Bermeo. O campión da Liga ARC tiña que amosar todo o potencial. Era a amenaza que tiña Samertolameu e cumpriuse. O barco cántabro, co vigués Jaime de Haz e o moañes David Pérez a bordo, saiu a rachar a regata para marcar o mellor tempo dende o comezo. Así o fixo. 
Detrás, Ares, Lekitarra e Samertolameu optaron por facer o seu remo. De novo "A Terca" perdeu na primeira metade de regata e comezou a remontar no terceiro longo. Na última manobra parecía todo perdido ó virar a doce segundos de Astillero. Pero vogaron e moito os remeiros de Dani Pérez Fandiño para tentar rebaixar a desvantaxa ou, no seu defecto, superar a Lekitarra para rematar na segunda posición do día. O barco vasco tamén optou por unha táctica conservadora, pero aínda así marcaba mellores parciais que os de Moaña. O cronómetro estableceu que Samertolameu foi o mellor no longo final, que restou moito tempo ós seus rivais, pero foi insuficiente por moi pouco, case nada. Quedou a menos de dous segundos de superar a Lekitarra, nesa terceira posición que supoñía o empate a sete puntos con Astillero. O desempate foi desfavorable para "A Terca", que fallou algo o sábado e, probablemente, tamén un pouco onte en Portugalete. Non obstante, nunha dobre cita con tanta tensión como un 'play-off' é extraordinariamente complicado ofrecer a mellor versión no plano técnico. Soamente Lekitarra estivo ó máximo. Nin Astillero nin Samertolameu, principais candidatos ó ascenso, ofreceron a mellor versión, pero a diferenza entre eles foi invisible, 44 centésimas en dúas xornadas contrarreloxo. 
Dende o ano 2007, a Liga ACT conta cunha embarcación de Moaña en competición. Salvo algún suceso raro en forma de renuncia ou descualificación, en 2019 non haberá remo da Ría de Vigo na máxima categoría do mundo das traiñeiras. Quedará Cabo como único barco galego, despois do descenso de Tirán e o drama de Samertolameu onte. Soamente comparable ó sucedido en 2013. Aquel ano tamén quedou fóra por centésimas.n

Football news:

Ole-Gunnar sulscher: Creo que hubo un penalti en la portería del Aston Villa
Filadelfia jugó con camisetas con los nombres de los negros que murieron a manos de la policía
Kompany lo prueba todo en Anderlecht: entrenó sin licencia (terrible), jugó 15 partidos e invirtió 3 millones de euros en el Club
El entrenador Aston Villa sobre el penalti del Manchester United: una decisión Vergonzosa
Paul Pogba: Ganar la Europa League y la fa Cup son los dos objetivos del Manchester United para esta temporada
El Manchester United fue el primero en la historia de la Premier League en ganar 4 partidos consecutivos con una diferencia de al menos 3 goles
Brunu anotó 7 (4+3) puntos en los últimos 3 partidos para el Manchester United