Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Coidados Porta a Porta achegarase a Manzaneda

O programa da Xunta de Galicia Coidados Porta a Porta atenderá nos vindeiros días ás persoas maiores de 55 anos no concello de Manzaneda que o soliciten.

Esta iniciativa da Consellería de Política Social para achegar de xeito gratuito os servizos de estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía a aqueles que superada esa idade mínima os soliciten. O obxectivo deste programa é previr no posible a dependencia no medio rural axudando a que os maiores poidan ter os coidados necesarios sen saír da súa contorna. 

Hoxe, tras a charla explicativa de onte en Manzaneda sobre o funcionamento das consultas, ofrecerán os seus servizos ata o día 4 de outubro, co seu autobús instalado no patio do colexio. 

Ao remate nesa localidad, esta unidade móvil de coidados sociosanitarios fará a súa seguinte parada no Concello da Pobra de Trives, prestando os seus servizos entre os días 5 e 10 de outubro, dos días 3 ao 5 estarán en Chandrexa de Queixa e continuarán en San Xoán de Río entre o 11 e 14 do mesmo mes.

Para beneficiarse da iniciativa, os interesados deben pedir cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992.