Spain
This article was added by the user . TheWorldNews is not responsible for the content of the platform.

Os empresarios de Valdeorras forman sobre rutas turísticas

O programa formativo sobre rutas turísticas é para comerciantes, hostaleiros, adegueiros e outros profesionais

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) lanza unha formación en recursos turísticos da comarca para comercios, hostalería e adegas que se indentificarán coa marca “Recomenda Valdeorrras”. O programa formativo está organizado arredor de catro rutas con visitas e explicacións sobre historia, patrimonio, enoturismo e natureza.

A formación, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, está coordinada por Soledad Figueroa e Luis Carrón, veciños da comarca e guías oficiais de Turismo de Galicia con moita experiencia na posta en valor dos recursos turísticos de Valdeorras. Eles acompañarán aos participantes en percorridos guiados, dándolles claves sobre como introducilos ao público no seu contexto natural, social e cultural

Os negocios que participen recibirán ao rematar un documento cos contidos e mais un distintivo para o seu establecemento coa marca “Recomenda Valdeorras”.

O deseño da actividade está organizado en catro rutas temáticas e cada unha delas se realizará en tres días diferentes (luns, martes e sábado pola tarde) para adaptarse á disponibilidade horaria dos profesionais. Todas as rutas faranse en autobús cunha duración de catro horas cada día. A participación é gratuita para os asociados de AEVA que terán prioridade á hora de inscribirse. Os non asociados deberán aboar unha cota de 10 euros por ruta.